Green Friday para que o futuro non sexa negro

O pasado 29 de Novembro celebrouse un acto na Praza de Lugo da Coruña para reivindicar as opcións de consumo ético e responsable frente á oferta masiva de descontos do Black Friday.

Membros de EQUO A Coruña, asistimos á concentración convocada por Fridays for Future co obxectivo de poñer de manifesto aos cidandáns que o consumo debe estar baseado nun modelo sostible e non en campañas agresivas que poden provocar a compra compulsiva e perxudican ao pequeno comercio.

Os organizadores levaron a cabo una performance na que se denunciaba as malas condicións laborais dos traballadores de algunhas grandes empresas textiles e os recursos naturais necesarios para a fabricación de roupa en moitos casos.

GREEN FRIDAY para garantizar o futuro !