Galicia precisa medidas ecoloxistas, non as de Feijóo

Volvemos ver con sorpresa como Núñez Feijóo continúa a facer políticas que nada teñen que ver coa ecoloxía política.

Por unha banda pide a apertura do grande comercio canto antes, cando agora hai unha clara oportunidade de reconstruír unha economía máis centrada nas persoas.

Tamén solicita a apertura de pesca e caza deportivas, cando aínda hai moitas outras actividades que non se poderán realizar e que non teñen tanto impacto para o medio ambiente.

A xestión do presidente da Xunta deixa claras que as súas políticas son as de favorecer o desenvolvemento neoliberal e as actividades non ecolóxicas.