En EQUO Galicia precisámoste para seguir medrando!
Queres vincularte a EQUO Galicia?
Se queres mostrar a túa simpatía por EQUO e pola nosa forma de traballar podes inscribirte como simpatizante na web: http://unete.partidoequo.es
Se queres ter un vínculo máis estreito con EQUO Galicia, segue esta ligazón para afiliarte ao partido: http://unete.partidoequo.es
Coas dúas formas terás acceso á equomunidade -foro de debate e traballo interno-.
Queres axudar pero aínda non sabes como?
Se queres colaborar e prefires comezar a túa relación con EQUO sumando o teu tempo, indica no seguinte formulario que sabes facer ou en que áreas che gustaría comezar a colaborar: organización/coordinación de actividades, tarefas de comunicación, temas específicos de medio ambiente, enerxía, economía, dereito, etc.
Non é necesario que teñas unha grande experiencia (nin que sexas simpatizante ou afiliada), chéganos coas túas ganas de axudar!
Queres botar unha man, pero non tes tempo?
Se queres colaborar, pero non tes tempo para compartir, podes facer unha aportación económica nesta ligazón: Doazón a EQUO Galicia.