Florent Marcellesi, candidato de EQUO ás Eleccións Europeas 2014 visita Vigo o vindeiro xoves 22 de maio para reunirse con diversos colectivos sociais e coa afiliación e simpatizantes de EQUO Galicia na recta final da campaña electoral.
Co gallo da visita de Florent Marcellesi, EQUO Galicia organiza o xoves 22 diversos actos na cidade olívica.
Florent Marcellesi comparte liderado da coalición Primavera Europea co candidato de Compromis, Jordi Sebastiá. (Adxuntamos biografía de Florent Marcellesi noutro arquivo)
Primavera Europea é unha coalición formada polos seguintes partidos: Compromis, EQUO, Chunta Aragonesista, Democracia Participativa, Por un Mundo Más Justo (PUM+J), Partido Castellano, Coalición Caballas de Ceuta, Socialistas Independientes de Extremadura (SIEX), Socialistas por Tenerife e Demos +.
Dende EQUO Pontevedra, como grupo territorial organizador dos actos que imos facer este día en Vigo, queremos convidarvos a pasar a xornada con nós nos diversos actos que temos programados.
Ás 10.00h: Almorzo coa prensa, que terá lugar na Casa Galega da Cultura, sita na Praza da Princesa, Vigo.
Ás 11.30h: Mesa sobre economía alternativa e verde, que terá lugar na Casa Galega da Cultura de Vigo, sita na Praza da Princesa, e coa participación de Coop 57 (Miguel Quinteiro), RSP Vigo (Rede de Solidariedade Popular), ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común).
Ás 16.00h: Micrófono aberto con Florent, na rúa Príncipe, diante do MARCO. Estamos buscando un local cuberto debido as previsións meteorolóxicas.
Estes actos servirán de presentación do noso candidato, xa que é a primeira vez que Florent visita Galicia para un acto político, e para coñecer as diferentes demandas e dar a coñecer as nosas propostas, non só para Europa na coalición Primavera Europea, senón tamén as que defendemos como partido para un futuro máis xusto, equitativo e ecolóxico.
Anótate no evento de facebook para estar ao tanto das posibles modificiacións do programa.