Montserrat Valencia Léon é afiliada de EQUO e candidata de Alternativa Galega de Esquerda.
Como nace EQUO?
EQUO nace da ilusión de moitos e moitas persoas que pensamos que a defensa do medio ambiente é a estratexia política, económica e social que faltaba en todos os programas políticos
Por que EQUO vai na coalición Alternativa Galega de Esquerda?
EQUO vai nunha coalición como resultado de aunar esforzos para loitar contra as políticas actuais. A diversidade política de esquerda debe verse como un factor obvio de apertura e vontade política de cubrir todos os eidos, dende o social ata o medioambiental.
Non lles preocupa que se lles tache de independentistas ou de comunistas?
En todo caso, non somos responsables da crise do país, da fame das persoas, da falta de emprego, da catastrófica xestión medioambiental, da apatía social, da emigración da xuventude, das restriccións sanitarias, etc.
Como se financia EQUO?
Da vontade económica de afiliados e afiliadas. De donativos de xente comprometida.
Non cree que a xente pode pensar que son boas persoas, ben intencionadas pero que o que a xente necesita agora é traballo?
Unha das principais preocupacións de EQUO é arranxar as políticas de emprego herdadas de anos de malas xestións e totalitarismos manipuladores.
De verdade creen que hai enerxías alternativas baratas? Todo o mundo nos di que non.
O termo “barato” non debe desvirtuarse. A posta en marcha de enerxías renovables ou alternativas non é barato. O que “abarata” estas enerxías é a súa amortización no tempo. Aforramos en cartos e aforramos en contaminación. E isto si que ao longo do tempo produce riqueza.
Vostedes defenden aos animais pero…e os gandeiros?
Cada un ten a súa defensa. Os temas desta natureza hai que tratalos con cautela. Deben defenderse os intereses de ambas partes e para iso é necesario crear plataformas de participación entre gandeiros e políticos. Facer políticas transparentes e consensuadas con todos os axentes implicados. Neste caso, nós (as persoas) somos as voces dos animais e para certos sectores, as leis son moi claras neste aspecto.
Que propón vostede para o rural galego? Para o problema dos gandeiros do leite?
De novo, políticas trasparentes e de participación. Escoitar, avaliar e negociar.
De onde sacarían vostedes o diñeiro para pagar a sanidade e educación que din non queren recortar?
É cuestión de prioridades. A sanidade e a educación son, entre outros, piares básicos dunha Democracia social e de políticas de benestar e por iso, deben modificarse os temas prioritarios de inversión do gasto público e crear una fiscalidade axeitada ao financiamento destes piares.
Para rematar, dígame dúas cousas de vostede por favor, primeiro por que está en EQUO e en segundo lugar que pode persoalmente aportar á política galega.
Estou en EQUO por una alternativa política necesaria que traia cambios nas actuais estruturas políticas. Por una esquerda nova que aposte pola defensa do Medio Ambiente como punto prioritario, aínda que non excluínte. Polo énfasis nun mercado de valores que agora está desvirtuado e desfasado. O que podo aportar é ser o canle que comunica o que a sociedade precisa e o que, como partido político, podemos e debemos facer. Horizontalidade social e política.
BIOGRAFÍA de Montse Valencia
É licenciada en Dereito e desde o inicio dos seus estudos soubo que quería aplicar o contido dos mesmos á defensa do Medio Ambiente. Desde os 15 anos milita e colabora con asociacións de defensa animal e asociacións ecoloxistas.