Fernando Rodríguez López é afiliado a EQUO e candidato de Alternativa Galega de Esquerda pola provincia de Lugo.
Como nace EQUO?
EQUO nace da necesidade de levar a primeira liña política a ecoloxía, un intento de aglutinar nun so partido todas as ideoloxías verdes para darlle mais forza e máis peso e para avanzar na creación dun mundo mais sostible.
Por que EQUO vai na coalición Alternativa Galega de Esquerda?
Porque así o decidimos por maioria de forma asamblearia e por internet todos os membros e simpatizantes de EQUO Galicia.
Que pensa EQUO desta crise?
Que se podía haber evitado se se fixeran as cousas doutro xeito, que é unha crise económica na que os mercados son os auténticos protagonistas da vida política e social e iso hai que páralo.
Non lles preocupa que se lles tache de independentistas ou de comunistas?
Para nada, calquer persoa que bucee un pouco no “mundo” aberto de EQUO darase conta de que temos preocupacións mais importantes nas que pensar como manter o noso entorno en condicions de habitabilidade.
Como se financia EQUO?
Coas aportacions de socios e simpatizantes e cos donativos da xente. A economía non e un fin, senon un apoio secundario a nosa labor política e intelectual.
Eso do New Green Deal non é unha utopía?
Todos os grandes proxectos son utopías ata que se levan a cabo, entón xa deixan de selo.
Non cree que a xente pode pensar que son boas persoas, ben intencionadas pero que o que a xente necesita agora é traballo?
Claro que poden pensar iso e moitas cousas máis, pero postos a pensar tamen lles pode dar por imaxinar un mundo distinto donde gobernen os políticos e as cousas se fagan doutra maneira, e sobretodo con un maior respeto polo noso medio natural e os nosos recursos finitos. Hai mil exemplos de ocupación laboral e de traballo saídos da producción ecolóxica, das enerxías limpas e de mil cousas similares. A búsqueda dunha vida digna para todos, con traballo para todos ten que ir da man do coidado do noso planeta, doutro xeito a este ritmo teremos que ir a Marte a buscar traballo…
De verdade creen que hai enerxías alternativas baratas? Todo o mundo nos di que non.
O tema das enerxías é como moitos outros temas, mentras deixemos que nos sigan gobernando os mercados, xamais se primarán as opcións mellores para o planeta e as persoas, senón que se farán sempre as máis rentables económicamente. É demente pero iso é o que temos.
Vostedes defenden aos animais pero…e os gandeiros?
Defendemos un mundo mellor donde as persoas traballen para vivir e non vivan para traballar. Queremos acabar co sentimento de felicidade enganosa que dá o consumismo. Os gandeiros como persoas non deben estar por debaixo nin por riba, deben ter un traballo digno e respetuoso que imos defender sempre.
Que propón vostede para o rural galego? Para o problema dos gandeiros do leite?
Establecer uns prezos mínimos para o prezo do leite e un maior control de todos os procesos intermedios, e por suposto unha defensa forte e búsqueda de apoios na Unión Europea.
De onde sacarían vostedes o diñeiro para pagar a sanidade e educación que din non queren recortar?
Fai falla unha distribución racional dos recursos dos que dispón o goberno central e as autonomías, e dicir unha maior eficiencia e eficacia do gasto público que non deixa de ser unha inversión de presente e de futuro.
Parece que o resultado será ou ben goberno do PP ou ben de 3, 4 o 5 partidos. Non lle parece que isto pode ser un despiporre político?
Se o goberno dunha suma de forzas se toma como despiporre político entón vamos mal… canto máis repartido esté o poder máis plurais imos ser e máis representados estaremos todos, esa é a esencia da Democracia.
Para rematar, dígame dúas cousas de vostede por favor, primeiro por que está en EQUO e en segundo lugar que pode persoalmente aportar á política galega.
Porque EQUO é un partido político horizontal, donde ninguén está por riba de ninguén, todo se fai contando con todos e donde todos podemos aportar o que mellor coñecemos sexa no ámbito que sexa.
Persoalmente creo que podo aportar unha visión social ampla, coherente e respetuosa co entorno rural do que fun parte desde que nacín e uns valores acordes coa xustiza social e os dereitos sociais e con eles un tratamento cercano dos problemas reais da xente e da sostenibilidade medioambiental.
BIOGRAFÍA de Fernando Rodríguez
Fernando é unha persoa que estivo toda a vida acumulando experiencia en moitos e variados postos de traballo e en actividades lúdicas, deporte, música… Vivíu trece anos en Madrid, un ano en Valencia e outro ano en Inglaterra. Sen títulos relevantes en trocas ten ampla experiencia en informática, inglés, francés, electrónica, contabilidade, loxística entre outras moitas pero sobre todo na vida no campo galego coa que me curtín sendo ben novo. Este ano rematou 4º de Socioloxía na UNED, xa que: “debezo por coñecer o mundo no que vivo e implicarme nel da mellor maneira posible a ver si consigo facelo un pouco mellor”.