Experiencia piloto de compotaxe comunitaria en Navia

EQUO Galicia organiza unha experiencia piloto de compostaxe comunitario pola SEMANA EUROPEA DA REDUCiÓN DE RESIDUOS (18-24 DE NOVEMBRO)

Nesta semana europea de redución de residuos na que estamos, EQUO Pontevedra está a desenvolver unha interesante actividade coa que quere facer partícipe á cidadanía de Vigo na súa aposta pola redución de residuos xerados nos nosos fogares.

O meirande problema dos diferentes sistemas de xestión de residuos é o volume dos mesmos, moitos deles innecesarios. E o problema agrávase cando miramos ao contedor de restos, en Vigo de cor verde escura.

Para reducir o volume de materiais a reciclar, o compromiso comeza ao facer a compra. Todo embalaxe que non se compra non é preciso separalo na casa e transportalo ao contedor adecuado, ademais de enviarlle unha clara mensaxe ao fabricante. Pero de todo o «lixo» que en Galicia enviamos a Sogama, un 40% é materia orgánica compostable. Este volume é maior ca no resto de España polos nosos hábitos alimenticios. Sen embargo, lonxe de tratalo coma un recurso para o noso agro, os concellos galegos páganlle para que o queimen.

EQUO quere adicar á Semana Europea pola Prevención de residuos a recapacitar sobre a xestión da materia orgánica doméstica, e convida á cidadanía viguesa a participar nunha experiencia piloto de compostaxe comunitaria. Trátase de facer a separación da fracción orgánica na casa durante toda esta semana do 18 ao 22 de novembro coincidindo coa Semana europea pola Prevención de Residuos, pesala e achegala ao compostador comunitario ubicado na horta urbana en Navia.

En EQUO Galicia, queremos mostrar con esta acción que a materia orgánica, coma outras materiais, é reciclable, non un resto. Tamén deixar ver que é doado xestionala localmente, sen ter que transportala máis de 100km para que sexa queimada logo de engadirlle combustible fósiles.

EQUO defende a xestión local da materia orgánica como un aforro para os concellos ao rebaixar á factura a pagarlle a Sogama por tonelada xestionada ata nun 40%. Por outra banda responsabilizándonos dos residuos que producimos nos mesmos tamén crearemos emprego na nosa comunidade.

imaxe-campaña-europa-reduce-residuos

Se queres saber máis desta iniciativa e participar nela, contacta con nós ou directamente coas compañeiras de EQUO Pontevedra na súa dirección de correo electrónico equopontevedra@proyectoequo.org.

Esta é a entrada relativa a esta experiencia de compostaxe comunitaria no seu blog: http://equopontevedra.wordpress.com/2013/11/14/equo-organiza-unha-experiencia-piloto-de-compostaxe