Rúa Sáenz Diez 16
1º A
Ourense
Coñeces o proxecto de ECOLOXÍA POLÍTICA de EQUO?
Este baséase nos principios da equidade social, a ecoloxía e a radicalidade democrática, que podes atopar no documento fundacional de EQUO Galicia:
Queres axudar a consolidar este proxecto na provincia de Ourense?
Este xoves 17 de abril invitámoste a unha xuntanza para presentar o proxecto e dinamizar un grupo de EQUO en Ourense.
Será nas oficinas de Psiké-Iuris, na Rúa Sáenz Díez 16 1ªA (Ourense), a partir das 18h do xoves e coa seguinte orde do día:
- Presentación do proxecto EQUO e a súa estrutura en Galicia
- Eleccións europeas:
- Coalición Primavera Europea.
- Presentación de ideas para a campaña de EQUO Ourense
- Rogos e preguntas.
Non quedes coas ganas (ou coas dúbidas) e achégate!