Casa Galega da Cultura
Praza da Princesa
Florent Marcellesi, candidato de EQUO ás Eleccións Europeas 2014 visita Vigo este xoves 22 de maio para reunirse con diversos colectivos sociais e coa afiliación e simpatizantes de EQUO Galicia na recta final da campaña electoral.
Ás 11 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa), está organizada unha mesa sobre economía alternativa e verde na que participarán varios colectivos sociais, como Coop 57, a RSP de Vigo ou a ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común).
Achégate e participa no debate!