Mesa redonda sobre as Eleccións Europeas

When:
22/04/2014 @ 18:00 – 19:30
2014-04-22T18:00:00+00:00
2014-04-22T19:30:00+00:00
Where:
Círculo de Artesáns
Calle San Andrés
36, 15003 La Coruña
España
Contact:
EQUO Galicia

Onde: Círculo de Artesáns, Rúa San Andrés 36, A Coruña

Cando: Martes 22 de abril, 20:00 – 21:30h.

Mesa de debate onde se tratarán cuestións como:

Que nos xogamos nestas eleccións ao Parlamento Europeo?
Cal é a Europa que queremos?
Como avanzar cara a unha Europa máis xusta, sostible e democrática?

EQUO Galicia presenta a opción da que forma parte para representar os intereses das persoas e dos pobos nas Eleccións Europeas do #25M, a coalición Primavera Europea.

Con motivo desta presentación organízase unha mesa de debate na que non só se expoñerán as propostas e o punto de vista da Primavera Europea, senón que se contará coa presenza de representantes doutras alternativas políticas para dialogar sobres cales son as medidas prioritarias que cómpre aplicar en Europa. Están invitadas á mesa redonda o Bloque Nacionalista Galego (Xavier Campos), Alternativa Galega de Esquerda en Europa (Antón Sánchez, Anova Irmandade), Compromiso por Galicia (Paulo Carlos López) e o Partido da Terra (Marcos Celeiro).

Acompañarannos por parte de EQUO o noso covoceiro federal, Juantxo López de Uralde, e a candidata de EQUO Galicia, Loli Tobío Sueiro. Ademais, tamén contaremos coa presenza de representantes do partido Por un Mundo más Justo (PM+J), membro tamén da coalición Primavera Europea.

Modera: Mariano Fernández Cabarcos, da emisora comunitaria CuacFM