Cantón Grande s/n. A Coruña
Coñeces o proxecto de ECOLOXÍA POLÍTICA de EQUO?
Este baséase nos principios da equidade social, a ecoloxía e a radicalidade democrática, que podes atopar no documento fundacional de EQUO Galicia.
Sabes o que é a PRIMAVERA EUROPEA?
Primavera Europea é a coalición baixo a que nos presentamos a estas eleccións europeas do 25 de maio, xunto con outras formacións políticas coas que compartimos a nosa reivindicación dunha Europa das persoas, máis social, solidaria, sostible, democrática e respetuosa co medio ambiente.
Este martes 22 de abril de 2014, co gallo do Día da Terra, queremos presentarche a nosa opción de ecoloxía política para Europa cunha MESA INFORMATIVA na Coruña na que estaremos membros de EQUO Galicia e da RQX, a rede da mocidade de EQUO Galicia, incluíndo á nosa candidata galega na lista de Primavera Europea, Loli Tobío Sueiro, ademais de contar coa presenza neste punto informativo do noso co-voceiro federal, Juantxo López de Uralde.
Achégate pola nosa MESA INFORMATIVA para coñecer EQUO e resolver as túas dúbidas ou aportar o teu punto de vista sobre a coalición Primavera Europea.