Tes algunha pregunta sobre as políticas para Europa da coalición Primavera Europea?
Pasa polo EQUOcafé na rúa que faremos na Praza de Pontevedra da Coruña ás 20h do mércores 14, no que debatiremos sobre ecoloxía política, xustiza social e radicalidade democrática mentres degustamos un café (ou unha infusión) cun biscoito caseiro e algúns produtos de comercio xusto.