Este Nadal o mellor agasallo é coidarnos e coidar o planeta

A emerxencia sanitaria e a emerxencia climática ensináronnos o valor da saúde e dos coidados. Lembráronnos a interrelación que existe entre as persoas, os animais e a Natureza e como a destrución desta última aumenta a nosa vulnerabilidade. Tamén nos deixaron claro que necesitamos cambiar hoxe o noso modo de vivir, producir e consumir, para ter un futuro sostible mañá. Pero, sobre todo, demostráronnos ata que punto somos capaces de cambiar totalmente a nosa vida, para protexela.

Existe unha vacina para a pandemia sanitaria, pero para a crise climática non hai vacina. A nosa saúde e a nosa supervivencia dependen do planeta. Este Nadal, o mellor agasallo é coidar o planeta.