ESPAZO e EQUO presentaron o seu proceso de confluencia política para o reagrupamento da esquerda verde e renovadora

A Cooperativa Política ESPAZO-EQUO celebrará a súa asemblea constituínte o próximo 28 de maio en Santiago de Compostela

Xuntar forzas para introducir as ideas do Ecoloxismo Político, Ecofeminismo e Ecopacifismo na axenda do día a día é un dos obxectivos da cooperativa política ESPAZO EQUO, que o 20 de Maio foi presentada polo coordinador de ESPAZO, Manel Cardoso, e a co-voceira de EQUO Galicia, Silvia Pinal. Ambos representantes expresaron que o resultado do debate interno nas dúas formacións foi favorable á confluencia pola práctica totalidade das respectivas asembleas.

Cardoso resaltou que “esta confluencía servirá para consolidar un referente galego do ecoloxismo pol í t ico e parte do reagrupamento da esquerda galega renovadora do século XXI desde o soberanismo cívico, a sustentabilidade ambiental, a xustiza social global, a cultura da paz, os dereitos civís e a radicalidade democrática”. O coordinador de ESPAZO manifestou que, desta suma, nace unha forza con clara capacidade de influencia política e social ao contar xa cuns 300 membros e 800 simpatizantes.
Ci-rSv5W0AATOf5.jpg large

Pola súa banda, a co-voceira de EQUO Galicia, manifestou que esta cooperativa política contribuirá a que “se poida traballar dun xeito máis potente en espazos superadores das nosas propias formacións e atribuíu o papel vertebrador destas futuras confluencias a Mareas en Común.” Pinal engadiu que “ambas formacións estamos en sintonía á hora de pensar no papel dos partidos como instrumentos para acompañar ás iniciativas cidadás”. “Entendemos que os tempos políticos cambiaron e non queremos interpretar as nosas formacións como compartimentos estancos centrados soamente nos períodos electorais senón que queremos fortalecer procesos como as candidaturas municipalistas das pasadas eleccións locais”, explicou a co-voceira.

Durante a comparecencia presentáronse os obxectivos e detalles da Asemblea Constituínte de ESPAZO-EQUO do próximo sábado 28 de maio. Ademais da aprobación do documento de confluencia que enmarcará o traballo da cooperativa política, a asemblea constituínte abordará o debate de varias resolucións referidas:
– Ás eleccións xerais do 26X.
– Ao saneamento das rías.
– Reganosa.

– Á megaminería.
– Á Lei de Solo e Montes.
– Ao TTIP e ao CETA.
– Ás persoas refuxiadas.
– Ao feminicidio.
Na asemblea participarán como convidados representantes de Mareas en Común, ICV e EQUO Federal, así como diversos colectivos sociais e de defensa do ben común. A asemblea constituínte tamén servira para elixir os órganos de coordinación de ESPAZO-EQUO e a co-voceiría.

Espazo-Equo