EQUO súmase á limpeza de praias no Día Mundial dos Océanos

Co gallo do Día Mundial dos Océanos, a Fundación EQUO súmase á IV limpeza simultánea de praias que promove a Asociación Ecoloxista Adega, organizando unha recollida de lixo en Vigo o domingo 7 de xuño ás 11 da mañá. A limpeza terá lugar na praia a carón do Centro Oceanográfico en Cabo Estai.

Estades tod*s convidad*s a participar neste encontro, que ademáis de coidar as nosas costas, pretende concienciar sobre o uso excesivo de envases ao mostrar como unha boa parte deles acaban no mar incorporándose á cadea alimenticia.

recollida lixo praia Cabo Estai 7 xuño 2015 ás 11h VIGO