EQUO solicita a publicación íntegra do novo plan de mobilidade sostible

Os datos que do PMUS anunciou o Concello na súa recente presentación son insuficientes para coñecer a eficacia deste plan, que debería cambiar drasticamente o modelo de mobilidade existente na cidade.
Para EQUO é necesario coñecer que medidas concretas propón o plan, a fin de facilitar os desprazamentos peonais e en bicicleta e a mellora urxente do transporte público, tanto en liñas, frecuencias e carrís preferentes.
Ademais, EQUO A Coruña manifesta a súa preocupación ante o aparente esquecemento neste plan do ferrocarril de proximidade como un sistema fundamental para a mobilidade na área metropolitana.

A cidadanía ten dereito a coñecer toda a información recollida e proposta nun plan que tería que ser de dominio público, ao ser un encargo sufragado a cargo do orzamento municipal (e polo tanto cos nosos impostos), cun custo de 492.250 €. Diante deste custo non podemos senón esixir que o plan estea elaborado co maior dos rigores e se traduza en accións concretas e efectivas, o que desde logo non se desprendeu da decepcionante presentación
que do mesmo fixo o Concello.

20140227_PMUS-2

Deixa unha resposta