EQUO segue medrando!

Benqueridas equoamigas e equoamigos:

EQUO SEGUE MEDRANDO!

Como se acordou na 1ª Xuntanza de Persoas asociadas e Simpatizantes de EQUO en Galicia formouse unha Mesa Promotora co fin de traballar pola creación de EQUO Galicia.

Decidiuse que a Mesa Promotora de EQUO Galicia estivese formada por dúas persoas de cada unha das tres Mesas Provinciais constituídas (A Coruña, Ourense e Pontevedra), máis unha persoa asociada de Lugo e unha persoa representante da Rede EQUO Mocidade Galega. Deste xeito as persoas que conforman a mesa son:

Alberto Franco – da Rede eQuo Mocidade Galega
Elbio Ramos Alvite – da mesa de eQuo A Coruña
Juan García – da mesa de eQuo A Coruña
Julio Des Diz – socio de eQuo en Lugo
Loli Tobío Sueiro – da mesa de eQuo Pontevedra
Miguel Cid – da mesa de eQuo Ourense
Montse Valencia Leon – da mesa de eQuo Ourense
Oscar Milego – da mesa de eQuo Pontevedra

Ademáis, calquera persoa asociada ou simpatizante podía, e pode, presentarse como voluntaria para axudar a esta Mesa Promotora, e deberá facelo enviando un e-mail a mesa.equogalicia@gmail.com. Mostramos desde xa o noso agradecemento aos que xa se achegaron, sen deixar de agardar polos que todavía non deron o paso. De todos os xeitos, a Mesa Promotora de EQUO Galicia agradecería que os voluntarios se achegasen canto antes, para poder empezar a traballar con máis forza.

Unha aperta.

EQUO es ti, EQUO somos todos.