EQUO reuniuse esta semana en dúas ocasións coa Concelleira de Medio ambiente e Igualdade do Concello de Vigo para tratar, principalmente, a problematica dos animais en espectáculos circenses que se veñen celebrando na cidade olívica.
Como xa comentamos nunha entrada anterior, os espectáculos dos circos poden parecer pouco violentos, porén para os animais son unha condea a cadea perpétua e traballos forzados. Nos circos soen vivir en condicións de cautividade aloxados e transportados longas distancias en remolques de camións onde non poden disfrutar do enriquecemento espacial, estructural, alimentario nin social de calidade.
Por outra banda, o mantemento de animais salvaxes en circos non contribue nin aporta beneficio para a conservación das especies. Nin ofrece unha educación medioambiental apropiada resultando incluso antipedagóxico para nenas e nenos, público maioritario ao que van dirixidos estes espectáculos.
Asemade, as administracións públicas teñen entre os seus deberes favoreces e potenciar ás conductas cívicas e de respeto da cidadanía cara o noso entorno natural así coma o respeto a aqueles seres que comparten connosco o planeta.
Por compartir estas inquedanzas con EQUO, Chus Lago comprometeuse a modificar as ordenanzas municipais para non permitir que ningún circo con animais salvaxes se instale en terreos municipais do Concello de Vigo.
Desde EQUO celebramos o interese demostrado pola concelleira de Medio Ambiente nas xuntanzas compartidas, agardando que próximamente se nos informe da aprobación do acordo na Xunta de Goberno do Concello.