EQUO alédase do conseguido pola unión da veciñanza de Cabral na defensa dos seus dereitos e dos seus recursos, que son os de toda a comarca.
EQUO Pontevedra apoia a loita das veciñas e veciños de Cabral e de Vigo que intentan protexer o Parque Forestal de actuacións especulativas coma o macroproxecto de ocio Porto Cabral que coa escusa de xerar riqueza e emprego, veñen a reducir a masa forestal e a querer acabar co corredor verde de Vigo.
Ante a actitude que está a ter Luís Rodríguez, presidente da comunidade de Montes de Cabral que nos acusa, xunto a outros colectivos ecoloxistas e persoas varias, de boicotear a asemblea do pasado día 21 de abril, na que se ia a decidir a venda dos terreos a o grupo inversor Eurofund, queremos comunicar que o único que fixemos foi apoiar os veciños que están en contra a esta venda e a construción do centro comercial. Consideramos o noso deber informar dos múltiples recursos naturais, e incluso económicos, poñendo en valor o monte sen necesidade de destruílo. Quen tomou a decisión de boicotear a asemblea foron comuneiros, veciños, e persoas a título individual que non pretendían evitar a decisión dos comuneiros de vender ou non, senón que esixían que se fixese unha asemblea parainformar, un tempo para reflexionar e por último a votación en urna.
EQUO defende a democracia e transparencia, sen esquecer que a solución ao desemprego non virá da man de macroproxectos de ocio como Porto-Cabral.
En EQUO Pontevedra defendemos os nosos recursos pero ante todos defendemos calquera acción democrática e a transparencia aínda que o resultado vaia en contra da sustentabilidade e da saúde da nosa terra. Antes da devandita asemblea non existía información nin se estaba levando a cabo un proceso transparente. Aledámonos de que o rebumbio mediático servise para que a cidadanía coñeza o que esconde o proxecto de Eurofund. Grazas a esta presión por parte da cidadanía conseguiuse ademáis que se suspenderá a nova asemblea do día 26 de maio e a convocatoria de dúas novas datas: unha xuntanza aberta para por fin dar a debida información e unha nova asemblea na que os comuneiros poderán facer uso da urna para expresar con garantías democráticas a súa decisión tras un tempo para reflexionar.
Aproveitamos para reivindicar que se ben o monte está en man dos comuneiros, xa que son terreos de man común e non particulares, tamén e un ben das veciñas e veciños de Cabral, de Vigo e da cidadanía en xeral. Nas nosas mans está protexer os espazos naturais e deixalos no mellor estado posible para as diferentes xeracións vindeiras.
Dende EQUO Pontevedra denunciamos a presión que se está a facer sobre os comuneiros para que se leve a cabo este proxecto. Denunciamos tamén o continuo chantaxe con promesas de creación de emprego local. Consideramos que a cidade está saturada de centros comerciais, que veñen afogando dende faia anos o comercio local, e consideramos que a rexeneración de emprego non ven da man das grandes áreas, senón no apoio dos negocios locais e pequenas empresas que levan toda a vida sendo o verdadeiro motor económico e de xeración de emprego da nosa comarca.