EQUO Pontevedra apoia a sanidade pública

A plataforma SOS Sanidade Pública convocou, o 27 de outubro de 2011 ás 8 da tarde, unha manifestación fronte ó Hospital Xeral en Vigo. A plataforma chamou á mobilización pola defensa da sanidade pública e o rexeitamento dos recortes e a paulatina privatización do noso sistema sanitario. EQUO Pontevedra formou parte da mobilización e quere manifestar públicamente o seu apoio.

EQUO PONTEVEDRA APOIA Á SANIDADE PÚBLICA.

Estamos nun momento crucial para  a Sanidade Pública en Galicia, no que a Consellería de Sanidade promove a construcción de hospitais baixo inversión privada hipotecando a toda a poboación.  No que se recorta o número previsto de camas para garantir a continuidade dos concertos con Hospitais privados. No que se deixa tolleito o futuro da Sanidade Pública galega por intereses totalmente alleos á cidadanía. Por estarmos neste momento, EQUO Pontevedra apoia  as movilizacións que se veñen promovendo desde a Plataforma SOS Sanidade Pública e adherímonos ao Manifesto “SOS SANIDADE PÚBLICA, NA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA”.

EQUO Pontevedra considera que o Sistema Nacional de Saúde do conxunto do estado español acadou niveis de calidade e eficiencia altas pero require ascción políticas para garantir que siga sendo público, gratuito e eficiente. Opoñémosnos rotundamente a calquera forma de introducción do mal chamado copago (en realidade repago) de prestacións sanitarias.

EQUO Pontevedra quere por a saúde e a equidade na saúde, o mesmo que a educación, no corazón da acción política para lograr que os cidadáns gocen da máxima autonomía para acadar os seus propósitos vitais.

Para EQUO Pontevedra, o Sistema Nacional de Saúde é un patrimonio da cidadanía que non se debe privatizar. Precisamente, para evitala, debe profundizarse no seu carácter público, acentuar a súa privatización e dispor de formas de goberno coordinadas e executivas que o fagan menos vulnerable. É imprescindible contar cun Sistema de Información único e veraz que permita coñecer as inversión, usos, recursos, e resultados do conxunto do sistema sanitario para poder dese xeito evaluar as políticas públicas e poder tomar as mellores decisións.