EQUO no acto sobre o TTIP organizado polo PE en Madrid

O noso Florent Marcellesi —representante de EQUO no Parlamento Europeo— interviu onte, luns 17 de novembro, no acto sobre o TTIP organizado pola Oficina do Parlamento Europeo en España.

flottip1flottip2

Florent lembroulle aos presentes que:

  1. Non estaba a ser un debate plural en absoluto, xa que o 100% dos relatorios previos foron pro-TTIP. A democracia comeza por dar igualdade de condicións a todas as partes.
  2. En todo o tema TTIP, a transparencia brilla pola súa ausencia: o 90% das xuntanzas previas da Comisión Europea para preparar o acordo foron con multinacionais!!!
  3. O TTIP non vai crear emprego, senón que o vai destruír (e en grandes cantidades). Xa basta de citar unicamente informes favorables pre-cociñados. As últimas estimacións dun traballo académico norteamericano cifran, entre as nefastas consecuencias para Europa deste tratado, unha potencial destrucción de emprego de 600.000 postos de traballo!!
  4. Nin precisamos nin queremos un «tribunal» que substitúa aos tribunais nacionais e europeos. A soberanía reside na cidadanía europea!!

Máis que nunca ‪#‎STOPTTIP‬, relocalicemos as nosas economías e democracia!!

Algunhas referencias en prensa sobre o acto e a intervención de Florent (que ademais foi entrevistado sobre o tema en TVE):

Huffington Post:
http://www.huffingtonpost.es/2014/11/14/ttip-ue-eeuu_n_6158028.html

Público:
http://www.publico.es/dinero/556905/el-tratado-de-libre-comercio-con-eeuu-nos-pone-a-los-pies-de-las-multinacionales

El País:
http://internacional.elpais.com/internacional/2014/11/17/actualidad/1416238700_866977.html

EFE (que retoma El Diario):
http://www.eldiario.es/economia/Eurodiputados-respaldan-comercial-EEUU-sociales_0_325468110.html

EuroXPress:
http://www.euroxpress.es/index.php/noticias/2014/11/17/la-sociedad-civil-espanola-sigue-sin-ver-claro-los-beneficios-del-ttip