EQUO Vigo, decidiu mediante unha consulta da afiliación da cidade, participar na Marea de Vigo. Os afiliados e simpatizantes participarán a título individual nas primarias para confeccionar a lista definitiva coa que concurrir as eleccions municipais.
O partido ecoloxista confia que é o momento de aunar esforzos para poder presentar unha alternativa a actual maioria absoluta do PSOE, que está a desaproveitar esa maioria para poder transformar, con criterios ambientais, participativos, culturais e sostibles a cidade a semellanza do que están a facer todas as cidades de Europa.