EQUO Pontevedra acudiu como cada ano a manifestación do 1º de maio en Vigo. Esta vez e coa cercanía das eleccións europeas, levabamos unhas camisetas co lema “Cambia Europa, escolle verde”, porque precisamos unha nova Europa cun novo modelo produtivo en clara aposta polos sectores verdes -rehabilitación de edificación, novo modelo enerxético, agrogandeiría ecolóxica, mobilidade sostible, sectores sociais do coidado- capaces de xerar ata 20 millóns de empregos verdes en toda Europa.