EQUO Galicia mostra o seu apoio ó activismo pacífico e cívico demostrado no #25S.

EQUO Galicia considera que as demostracións que estamos a ver con motivo do #25S son unha expresión máis do descontento, do malestar e do sufrimento que está a padecer a maioría da sociedade, inmersa nunha crise que non creamos, e a cal non ten visos de remitir, se continúan as políticas de recortes draconianos fomentadas dende o goberno.

O actual goberno mostra una carente falta de empatía ante esta situación, criminalizando aos integrantes dunha demostración pacífica. O propio ministro Wert mencionaba que o #25S aparece como “carente de sentido político e carente de fundamento democrático”, exemplificando esa desconexión.

EQUO Galicia quere mostrar o seu total apoio e compromiso coa liberdade de expresión e a manifestación dun activismo cívico e pacífico cheo de ideas e propostas que todas debemos procurar escoitar. O exercicio da democracia participativa esíxenolo. A procura do ben común esíxenolo.

EQUO Galicia tamén quere máis e mellor democracia.