EQUO Galicia invita a reflexionar sobre o Dereito á Auga e o seu estado en Galicia

Aínda que os nosos recursos hídricos son ricos, existen perigos (proxectos de minería a ceo aberto) e eivas (a falta de canles de participación cidadá)

A Auga é un recurso vitP1050904al estreitamente vinculado ao cumprimento de outros Dereitos Humanos. Falar de auga é falar de soberanía dos pobos, de cooperación e é un xeito de explicar diferentes conflitos entre países.

O Dereito á Auga foi recoñecido soamente en 1992 e non comprende só cuestións como o acceso ou a preservación senón tamén a participación cidadá, eido no que aínda queda moito por traballar en Galicia xa que moitas das concesións da xestión da auga non son transparentes nin accesibles para que as persoas poidan fiscalizar o traballo dos entes que xestionan o seu dereito.

Outro dos perigos que ameazan o dereito á Auga en Galicia son os proxectos de minería a ceo aberto. Un dos exemplos foi o desbotado finalmente en Corcoesto, pero dende EQUO Galicia non podemos esquecer que aínda existen outros proxectos que non foron paralizados. Por esta razón, queremos manifestar o noso malestar co proxecto Isabella II autorizado por la Consellería de Economía e Industria e publicado en el D.O.G. o pasado 15 de xaneiro e que afectará a 4.368 hectáreas dos concellos de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco. A nosa formación non pode amosar máis que desacordo ante proxectos que consumirán enormes cantidades de auga doce e deixarán na terra cianuro, arsénico, ácido sulfúrico, plomo e outros metais pesados que contaminará el aire e os mantos de agua.