EQUO Galicia inicia a campaña con pegadas de carteis virtuais

En EQUO Galicia queremos ser coherentes e iniciaremos a campaña en varias cidades de Galicia cunha proxección dos carteis en lugar da habitual pegada salvo onde non nos foi posible por cuestións técnicas.

Apostamos por un inicio de campaña austero e ecolóxico, pegando a menor cantidade de carteis en papel posible e demostrando que se pode levar a cabo unha campaña sen o usual dispendio que se produce nas campañas electorais da maioría de formacións políticas que requiren millóns de euros.

As pegadas de carteis que están previstas para hoxe ás 00:00 en Galicia son:

  • Ourense: Parque de San Lázaro.
  • Vigo: Praza da Princesa.
  • A Coruña: Rúa Panaderas, no Museo de Belas Artes.