EQUO Galicia na Ferrolterra convida á cidadanía a participar nunha charla de carácter político na Galería Sargadelos de Ferrol o vindeiro sábado 9 de novembro ás 19 horas.
Queremos invitar especialmente a toda persoa interesada en novos xeitos de facer política, máis democráticos e participativos e que poñan o acento nas persoas e no medio ambiente, presentando as nosas alternativas baseadas na radicalidade democrática, o ecosocialismo e a ecoloxía política. Neste marco, parécenos especialmente importante poder contar con todos os movementos sociais que se teñen rebelado contra os actuais mercaderes políticos e con toda a cidadanía do espectro ecoloxista e da esquerda política galega.
Intervirán:
Pablo Otero
Membro da Mesa Nacional de EQUO Galicia pola Rede EQUO Xove (RQX)
Trasladará as denuncias da mocidade ante as medidas de recortes dos gobernos en materia de ensino, así como polo constante aumento do paro xuvenil.
Rosa Rodríguez
Covoceira de EQUO Galicia
Rosa é a representante de EQUO Galicia na xuntanza parlamentaria de AGE, e amosará a nosa aportación política a esta coalición. Ademais, disertará sobre a Ecoloxía política, a Equidade e a Xustiza Social, os Verdes Europeos e os posibles pactos electorais para as inminentes eleccións europeas.
Xosé M. Sanxoán
Membro da Mesa Nacional de EQUO Galicia por Ferrol
Participante da Comisión de Control do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol e dos movementos sociais que debatirá sobre a actualidade política local, o desmantelamento da Democracia Participativa e dos Orzamentos Participativos e os dereitos sociais.
Trasladará ademais unha oferta e proposta de EQUO Ferrolterra para a construción de futuros pactos municipais e posibles candidaturas e programas aos diferentes partidos da esquerda política e a democracia cidadá.