(Fotografía superior: simulación dos tres aeroxeradores de 151 metros de altura).
O partido ecoloxista EQUO Galicia mostra a súa repulsa pola execución do parque eólico Mouriños entre as poboacións de Cabana de Bergantiños e Zas polo seu impacto ambiental irreparable na Serra de Gontón.
As formulacións defendidas polo PP de Alberto Núñez Feijoo para autorizar a execución do parque eólico Mouriños son o claro exemplo dun “modelo de expolio” nun lugar de gran valor patrimonial e paisaxístico como é a Serra de Gontón.
Naturgy, a empresa promotora, ten proxectado a construción de tres aeroxeradores de 151 metros de altura cuxa facturación sería de 2,5 millóns de euros ó ano sen pagar o canón eólico a Galicia.
O PP facilitou o traballo a Naturgy coa creación e implantación da Lei 5/2007 que permite acelerar este tipo de proxecto e dificulta a oposición por parte da sociedade civil. O goberno de Feijoo tamén incumpriu as “Directrices do Paisaxe” o que condena a unha desprotección sen xustificación ao territorio, xa que, permítense esta clase de proxectos en zonas de gran valor e sensibilidade.
Os traballos xa causaron danos irreparables e non respectan a Declaración de Impacto Ambiental: desapareceron penedos, formación de roca de gran interese paisaxístico e xeolóxico propias da paisaxe galega.
Stephanie Ordóñez
Co-portavoz de EQUO GALICIA
634105108 – info@equogalicia.org