EQUO Galicia en contra da CAZA DO RAPOSO

EQUO GALICIA está en contra da celebración do campionato de CAZA DO RAPOSO o día 11 de xaneiro en Moraña (Pontevedra) e Dodro (A Coruña).

Dende Equo Galicia consideramos totalmente indecente ver a protección que Nuñez Feijóo e a Xunta de Galicia bríndanlle á Federación Galega de Caza, os privilexios que teñen sobre as outras Federacións Deportivas, as cales teñen que suplicar axudas para os seus deportistas, unhas instalacións dignas e apoio económico.

Ao colectivo da caza entregóuselles o monte e campan por él coma se fosen os seus donos, son os que deciden que animais deben morrer e impoñen as súas falsas razóns para iso.

A Xunta de Galicia, cal míseros secuaces, secúndanos inventando un suposto control cinexético cando non hai ningún estudo avalado oficialmente que demostre que sobran raposos (xa que non hai coñecemento do número destes animais que hai no territorio galego).

A Xunta oculta á cidadanía as súas actividades opacas e incumpre repetidas veces a súa obriga de brindar toda a información que a cidadanía lle require, porque esta é unha actividade perigosa que pode poñer en risco, e fíxoó, a vida das persoas que van gozar dunha maneira saúdable da natureza do mesmo xeito que a vida dos seus animais de compañía.

A caza non é cultural, nin unha tradición.

A caza non é un deporte saúdable nin sostible.

Para EQUO GALICIA é unha aberración vinculada a unha forma de vida co único obxectivo de matar. Son depredador@s con armas que representan a prolongación dos seus egos e sen elas non son nada.

Son maltratador@s aceptad@s socialmente xa que a ignorancia leva a pensar a unha minoría de cidadáns e cidadás que a violencia que se exerce contra os animais pola simple razón de ser animais, non é a mesma que se exerce contra as persoas. Violencia é violencia non importa contra quen se dirixa.

A CAZA NON É UN DEPORTE.

OS CAZADORES E AS CAZADORAS SON PERSOAS VIOLENTAS E A CIDADANÍA QUE DENUNCIA ESTES FEITOS ESTÁ A SER VÍTIMA DOS MALOS TRATOS DAS INSTITUCIÓNS QUE PROTEXEN E DEFENDEN A ESTES SICARIOS AMBIENTAIS.

Por todo isto, EQUO GALICIA considera urxente a prohibición de este tipo de campionatos como o de este fin de semana.

O sábado 11 de xaneiro, voltarán a saír a matar nos concellos de Moraña (Pontevedra) e Dodro (A Coruña), no medio do secretismo, do silencio institucional e deixando unha morea de corpos sen vida polo mera diversión dunha minoría protexida e amparada pola Xunta de Feijoo.