EQUO Galicia decide apostar pola confluencia

EQUO Galicia celebrou o 11 de Xullo a 1ª Asemblea Nacional Ordinaria de 2015.

A Asemblea Nacional de EQUO Galicia decidiu apostar de xeito prioritario pola confluencia con outras forzas de esquerda e coa cidadanía organizada en plataformas similares ás «mareas» destas pasadas municipais, que tan boa resposta obtiveron da cidadanía.

Dentro deste escenario, a opinión maioritaria da Asemblea é a da busca dunha confluencia galega, con forzas do país para tratar de aglutinar a forza de mareas e proxectos en común das municipais.  Semella quizais máis doado subir do local ao supramunicipal deste xeito, aproveitando o traballo de confluencia feito nas municipais. Hai xa unha primeira iniciativa a seguir neste sentido, a coñecida como Marea Galega. Acoroduse trasladar a postura da Asemblea de EQUO Galicia á Comisión Executiva Federal de EQUO.

Nesta asemblea tamén se decidiu que o actual Grupo Territorial denominado EQUO A Coruña e Bisbarra amplíe o seu ámbito a toda a provincia, reintegrando os concellos pertencentes ao que viña sendo EQUO Compostela. O nome do Grupo Territorial queda simplemente como EQUO A Coruña.
Máis información na web de EQUO Galicia:

http://equogalicia.proyectoequo.org/

EQUO_denuncia