EQUO Galicia convoca Asemblea Extraordinaria en febreiro

Como se acordou na pasada asemblea ordinaria (1), convócase :

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA EQUO GALICIA (2)

*SÁBADO 18 DE FEBREIRO 2017*

*12:00 da mañá a 13:50 e 17:15 a 20:45 da tarde*

O ENSANCHE.CENTRO SOCIOCULTURAL E XUVENIL MUNICIPAL
Rua Frei Rosendo Salvado 14-16
15701 Santiago de Compostela
www.santiagosociocultural.org
http://www.facebook.com/oensanche
http://oensanche.wordpress.com/
Tel. 981 543 001

Seguiremos a seguinte orde do día:

  1. Estado da cooperativa Espazo-Equo.
  2. Estado da vinculación de EQUO Galicia con En Marea e acordos que procedan.
  3. Aprobación, se procede, do plan de Accción de EQUO Galicia para o 2017 (3).
  4. Intervención das persoas de EQUO Galicia que pertencen aos gobernos. dos concellos galegos, para explicarnos o seu traballo nestes anos.
  5. Rogos e preguntas.

Podes suxerir puntos a tratar no enderezo-e info@equogalicia.org, tes ata o 10 de febreiro, co asunto “Asemblea extraordinaria”.

Así mesmo, lembrámoste que recentemente se creou unha wiki na Equomunidade para que poidas facer propostas sobre o Plan de Acción de EQUO Galicia para o 2017. De igual xeito tes ata o 10 de febreiro para facelo. Aquí a ligazón: http://equomunidad.org/gl/wiki/plan-2017

Tamén podes participar no debate previo a Asemblea na equomunidade, deixando as túas achegas e comentarios, neste fío da Equomunidade (2)

En EQUO non queremos que ningunha persoa deixe de participar por impedimentos de conciliación familiar, así que vos lembramos que todas as crianzas son benvidas. Non dispoñemos aínda de servizo de atención pero seguro que entre todas podemos crear un espazo amable para as ecoloxistas de hoxe e do futuro.

Agardamos a túa participación activa.

Ti es EQUO, xuntas somos máis EQUO.

(1) http://equomunidad.org/gl/documentos/acta-asemblea-nacional-18-decembro-2016

(2) http://equomunidad.org/gl/wiki/convocatoria-asemblea-extraordinaria-equo-galicia-18-febreiro-2017

(3) http://equomunidad.org/gl/wiki/plan-2017