EQUO Galicia aposta para a convocatoria de eleccións xeráis do 28-A, pola coalición formada por Podemos e Esquerda Unida, lamentando a ausencia de Anova, para poder facer un espazo máis amplo das novas formas de facer política.
A formación ecoloxista apostou por aplicar o acordo estatal que todas as organizacións firmaran, aínda que non era vinculante para Galicia. Tras varias xuntanzas de negociación, tódalas formacións asinaron un acordo electoral con apartacións programáticas, de funcionamento e de persoas nas listas polas catro provincias galegas. EQUO presentará nas listas da coalición as persoas candidatas que foron escollidas en eleccións primarias internas, previas á firma do pacto de coalición.
Nas próximas datas terminaranse de pulir os puntos do programa da coalición pero EQUO Galicia apostará, dende o parlamento nacional, pola limitación do crecemento da superficie de eucalipto en todo o norte da península e sobre todo en Galicia; a prohibición da caza deportiva e os campionatos de caza; a aprobación urxente dunha lei para a vida independente das persoas con diversidade funcional e unha loita seria contra o cambio climático eliminando os focos de maior produción nacionais pero sobre todo galegos, como as centrais térmicas de carbón e incineradoras.