A Asemblea Nacional de EQUO Galicia reuniuse o sábado 23 de Xaneiro en Santiago de Compostela. Na xuntanza tratouse o escenario político no que a formación se moverá nas futuras eleccións autonómicas galegas de 2016. Nos próximos días EQUO Galicia comunicará as decisións tomadas.
Nesta Asemblea en Compostela, contamos coa participación do compañeiro Mateo Quirós, Membro da Comisión Executiva Federal de EQUO, a quen agradecemos o seu apoio.
Asemblea de EQUO Galicia, 23 de Xaneiro 2016. Santiago de Compostela
Xuntanza ORDINARIA da Asemblea de EQUO Galicia o sábado 23 de xaneiro:
HORA: 16h.
LUGAR: A Nave de Vidán, Avenida Mestra Victoria Miguez, 44.
15706 Santiago de Compostela http://www.anavedevidan.com
- Informe e aprobación das contas de 2015
- Memoria de actividades de EQUO Galicia e dos territorios
- Informes da Mesa Nacional
- Posibilidade de que EQUO Galicia se faga socia de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega
- Postura ante unha hipotética repetición das eleccións ao Congreso e Senado de España
- Postura ante as Eleccións Galegas 2016
-> Neste punto haberá un traballo previo no obradoiro da mañá, pero loxicamente as decisións correspóndenlle á Asemblea - Planificación de 2016 e estratexia de crecemento
-> Tamén traballada previamente no obradoiro da mañá
Toda persoa afiliada ou simpatizante de EQUO Galicia está invitada a participar, tanto na Asemblea como na actividade da mañá.