EQUO Galicia aposta pola confluencia

EQUO Galicia celebrou o 11 de Xullo a 1ª Asemblea Nacional Ordinaria de 2015.

A Asemblea Nacional de EQUO Galicia decidiu apostar de xeito prioritario pola confluencia con outras forzas de esquerda e coa cidadanía organizada en plataformas similares ás «mareas» destas pasadas municipais, que tan boa resposta obtiveron da cidadanía. A urxencia do momento fai de todo imprescindible a necesidade de manter o traballo conxunto en opcións electorais que permitan cambios efectivos nas institucións: Outra sociedade é posible!

Dentro deste escenario, a opinión maioritaria da Asemblea é a da busca dunha confluencia galega como principal priridade, con forzas do país para tratar de aglutinar a enerxía das confluencias nas mareas e proxectos en común das municipais. Semella quizais máis doado subir do local ao supramunicipal deste xeito, aproveitando o traballo de xenerosidade e confluencia feito nas municipais. Desde xa estamos a traballar neste obxectivo.

Todas as persoas afiliadas e simpatizantes de EQUO Galicia poden consultar a acta completa da Asemblea na Equomunidade.