EQUO Galicia apoia as mobilizacións en defensa da sanidade pública

EQUO Galicia expresa o seu apoio ás mobilizacións de SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA e todas as Áreas Sanitarias e Comarcas da comunidade,  motivadas pola deriva privatizadora por parte do goberno da Xunta de Galicia, do Partido Popular.
Demandamos:
  • a construción de centros de referencia de enfermidades profesionais
  • plans de mellora da atención primaria
  • redución das listas de espera
  • mantemento de centros de saúde e atención primaria
  • atención e melloras dos cadros de persoal nos PAC 
  • Centros de Ordenación Familiar (COF).
Pedimos:
  • a derrogación da obriga de pagamento aos doentes tanto do transporte sanitario non urxente, como no caso da diálise, como da asistencia sanitaria a maiores de 26 anos non cotizantes ou a inmigrantes sen papeis.
Denunciamos:
  • as medidas como o repagamento nas medicinas ou anticipo de pagamento das próteses de milleiros de euros a persoas sen recursos.
EQUO Galicia espera que sexan atendidas as demandas das Plataformas Sanitarias e fai un chamamento a toda a cidadanía a participar en todas as mobilizacións convocadas por SOS SANIDADE PÚBLICA e as diferentes Plataformas Comarcais e Áreas Sanitarias.
A SAÚDE PÚBLICA É UN DEREITO. NON SE VENDE.

http://www.sos-sanidadepublica.org/