Arroupado por afiliados e simpatizantes, Juan López de Uralde, co-portavoz de Equo federal, estivo hoxe nunha rolda de prensa en Santiago de Compostela xunto con candidatos de Equo nas listas de Alternativa Galega de Esquerda en cada unha das provincias galegas.
Juan López de Uralde, Marita Iglesias (A Coruña), Fernando Rodríguez (Lugo), Alberto Cremades (Ourense) e Serafín Valencia (Pontevedra), quixeron comparecer ante a prensa galega para presentar e aclarar a participación de Equo na coalición liderada por Xosé Manuel Beiras.
Ademáis de afirmarse cómodos dentro da coalición, desde Equo Galicia quixeron manifestar a súa independencia á hora de tomar decisións respecto de Equo Federal.
Durante as intervencións, as candidatas e candidatos reafirmaronse na idea de que “Equo é algo máis que unha marca verde” e que ten tanto peso dentro dentro da Alternativa Galega de Esquerdas como calquera das outras forzas que a integran.
Desde Equo e a coalición insistiron que urxe achegarse á cidadanía e abrir dialogo con esta, para coñecer de primeira man as súas necesidades e así poder representalos mellor se entrasen a formar parte do parlamente galego.
López Uralde tamén quixo deixar claro que “Equo non se opón á autoderminación senon que, todo o contrario, son propicios a ela”.