EQUO critica a modalidade de hortas urbanas impulsada polo Concello da Coruña

O grupo local de EQUO A Coruña rexeita rotundamente o formato que o Concello da Coruña quere implantar nas novas hortas de Novo Mesoiro, que se convertirán na segunda iniciativa de hortas urbanas no termo municipal.

O investimento previsto polo Concello da Coruña para a súa construción rolda os 170.000€. A poucos metros da localización prevista de Novo Mesoiro naceu en 2009 a primeira iniciativa de hortas urbanas, que para a súa implantación requeriu unha inversión total de 3.000€ e que foi impulsada polos socios e veciños do lugar.

O Concello ten programado levantar un recinto de nova construción nas cercanías de Novo Mesoiro. Propón ademais un límite de idade para os usuarios que estean interesados, maiores de 65 anos, ou a aqueles que acrediten estar en situación de desemprego, cunha cuota de 25€ mensuais.

A Asociación das Hortas do Val de Feáns implantouse no territorio dun xeito non invasivo, concordando o uso das terras cos veciños do lugar, sen establecer un límite de idade para poder participar e implantando unha cuota única anual de 25€. Nas hortas da iniciativa está prohibido o uso de fertilizantes e de produtos químicos. Na actualidade ten máis de 40 parcelas en uso.

EQUO rexeita que para a participación na iniciativa de hortas municipais exista unha cuota de 25€ mensuais e que se limite en exclusiva a maiores de 65 anos. EQUO cre que este tipo de iniciativas deben ser abertas a todo tipo de usuario interesado sen límite de idade, que se debe facilitar o uso por veciños do lugar e que se debe primar un cultivo respetuoso co medio, fomentando a produción de verduras e froitos con criterios de agricultura ecolóxica.

EQUO non entende que con esta iniciativa de hortas urbanas se xere un negocio. Unha iniciativa de hortas urbanas é, ben aproveitada, unha magnífica forma de recuperación de espazos urbanos sen uso que beneficia aos usuarios e a os veciños do lugar.

Dende o noso colectivo solicitamos ao Concello que cancele a adxudicación do proxecto e que colabore coas diferentes iniciativas locais quexa  están a xurdir na cidade.

EQUO está a favor das hortas urbanas como iniciativa de dinamización social, pero tamén pensa que sería máis eficiente apoiar procesos xa en funcionamento de forma exitosa, con custos de xestión moito menores e que repercuten a nivel local dun xeito positivo.

EQUO pensa que tal como está configurada esta iniciativa se dilapidaría o diñeiro público cun proxecto custoso e dependente de entidades privadas.

NP-hortos