EQUO Coruña denuncia a ausencia de políticas de promoción do ciclismo dende o concello da Coruña

A ampliación dos espazos para os peóns non deberían ser a costas dos carrís bici.

O grupo local da Coruña de EQUO, o partido verde en Galicia, denuncia a destrución de tramos de carril bici durante a redistribución do espazo urbano por mor do COVID-19.

Ao longo das rúas Salvador de Madariaga e Alcalde Pérez Ardá, podemos observar dende hoxe que o espazo do que facían uso os carrís bici, pasaron a formar parte da ampliación da beirarrúa para maior  esparexemento dos peóns.

Aínda que dende EQUO loitamos por modelos de cidade que devolvan espazo aos peóns, creemos que non debería facerse a costas dos carrís bici, senón do espazo que actualmente ocupan os vehículos privados (turismos), tanto pola súa circulación, como polo seu estacionamento. O carril bici ofrece protección a usuarios de todas as idades e serve de alicerce aos que se deciden pola bici como medio de desprazamento.

En EQUO Coruña creemos imprescindible a presentación dun plan de mobilidade ante a crise do COVID-19 que fomente os modos de transporte non motorizados na medida do posible, sempre garantindo o cumprimento das distancias de seguridade en materia sanitaria. O modelo de mobilidade urbana que queremos para A Coruña é un no que os peóns, a bicicleta e o transporte público sexan claramente a prioridade. Consideramos, entón, un retroceso moi importante a reversión nas materias ciclistas avanzadas durante a anterior lexislatura.

A bicicleta é un medio de transporte que fomenta a saúde, moi eficiente enerxéticamente, que non emite gases nin particulas ao medio, e que ademais ocupa un espazo urbano moi reducido cando está estacionada. Se ademais de estas vantaxes sumamos o feito de ser un medio de transporte individual e que permite salvar as distancias de seguridade sanitarias, creemos que a bicicleta convértese nunha aliada excepcional nestes tempos de crise, como tamén manifestou o propio Ministerio de Sanidade nomeando á bici como medio de desprazamento saudable nesta fase de superación da pandemia.

A bicicleta é unha gran aliada, agora contra o COVID-19, e sempre.

Carril bici eliminado na Avenida Salvador de Madariaga

Carril bici eliminado na rotonda de Monelos

Carril bici eliminado na rúa Alcalde Pérez Ardá