O grupo dinamizador de EQUO na cidade da Coruña e bisbarra está a levar a cabo actividades para coñecer o que a cidadanía quere contar e para darlles a coñecer o proxecto político de EQUO.
A inacción non levará ao cambio social e ao progreso do entorno global. Estamos a contemplar como estánse a perder a unha velocidade escandalosa avances que levaron séculos acadar. Que podemos facer? Que podes aportar? Queres construir o cambio connosco?
Se buscar coñecer máis que é EQUO, ofrecernos as túas ideas e reflexións ou simplemente escoitar, estás invitada/o a achegarte ao café-coloquio organizado para este mércores 12 na cidade da Coruña. Terá lugar no EcoBar Seara, na rúa do Orzán 14-15, ás 20.00h.
Vémonos alí!