EQUO A Coruña e Bisbarra mostra o seu apoio ao grupo “Salvemos Bens”, contrario á construción do museo de automoción e historia neste parque. A implantación deste edificio museístico no parque supoñería a diminución de zona verde.
O grupo “Salvemos Bens” non se opón á creación do museo, pero si que se faga nunha zona verde e con investimento público, ao tratarse dunha colección privada.
Dende EQUO apoiamos todas as iniciativas deste grupo por considerar os parques e zonas verdes da cidade un espazo imprescindible para o medio do noso ámbito máis próximo.