Ante a confirmación de que os sindicatos convocaron folga xeral o próximo 29 de Marzo como protesta pola reforma laboral aprobada recentemente polo goberno, EQUO expresou o seu apoio a esta convocatoria e anima á cidadanía a sumarse á mesma xa que “están en xogo dereitos fundamentais”.
Para EQUO, a convocatoria dunha folga Xeral é unha decisión difícil, que non debe tomarse a lixeira, pero a reforma laboral aprobada é sumamente agresiva coa cidadanía e elimina importantes dereitos adquiridos polo que esta convocatoria está xustificada e era necesaria.
Para EQUO a reforma contén elementos que non poden ser asumidos, como son o abaratamento do despedimento ou a capacidade que outorga ao empresario para cambiar as condicións laborais dos traballadores, incluídas as salariais. É unha reforma que ademais coloca á cidadanía nunha situación de indefensión e que non creará emprego.
Para o Portavoz de EQUO, Juan López de Uralde, ” a reforma dificultará aínda máis as condicións de vida da cidadanía. Haberá máis precariedade, menos ingresos e máis medo a ser despedido. E o que é aínda peor, todo isto non servirá para xerar emprego, por iso cremos que hai motivos máis que suficientes para apoiar esta folga”.
EQUO reclama un cambio de rumbo nas políticas económicas en España e en Europa por considerar que os recortes que se están producindo, ademais de ser profundamente inxustos e antidemocráticos, só levarán a unha profunda recesión mundial e a perda de millóns de empregos.