EQUO Coruña recrimina a postura do concello pola nova concesión da matanza de touros.
EQUO A Coruña mostra o seu rexeitamento fronte á nova concesión dun evento de maltrato animal na cidade, subvencionado de novo de forma indirecta con cartos públicos.
Tras quedar deserto o anterior concurso o concello volveu sacar un novo prego de condicións no que se impuxo un canon a pagar pola empresa organizadora cun importe ridículo (1000€), pero mantendo os anteriores conceptos a cargo de fondos públicos*.
EQUO A Coruña mantén o apoio ao gran labor que vén realizando a plataforma Galiza Mellor Sen Touradas, mantendo o necesario proceso de apertura de información ao respecto da festa nacional do maltrato animal, e confirma tamén a súa participación nos actos que se desenvolvan nas próximas semanas.
*Información extraída do prego de condicións do concurso:
– Custos de adaptación do Coliseum (“Instalar barrera y burladeros, efectuar relleno con arena para composición de ruedo y callejón. Acondicionar el patio y cuadras de caballos, la zona de embarque y desembarque de las reses, la báscula de pesaje, los corrales y los chiqueros”)
– Departamento veterinario.
– Cesión de balde da Banda Municipal de Música.
– Cesión de balde do servizo de venda de entradas tanto en persoa como por vía telemática.
Ademais, o IMCE tamén reserva o dereito de afrontar os custos das seguintes intervencións:
– Engalanar a praza coas cores das bandeiras nacional e autonómica.
– Instalar plataformas para a situación da banda de música e dos claríns e timbais.