EQUO A Coruña reúnese con César Santiso (EU-Verdes)

O 17 de xuño, representantes da Mesa Local de EQUO A Coruña e Bisbarra reunímonos co concelleiro de EU-Os Verdes, César Santiso, para fortalecer a nosa colaboración como membros de AGE (Alternativa Galega de Esquerdas).
Falamos sobre a posibilidade de presentar unha moción no pleno municipal por parte de EQUO, que proporá iniciativas nun dos grandes problemas da comarca da Coruña, a mobilidade. 
César Santiso manifestounos que está especialmente sensibilizado cos temas de medio ambiente e ofreceunos todo o apoio do equipo de EU. Por todo isto, as relacións de EQUO con Esquerda Unida son totalmente fluídas e traballaremos para aportar iniciativas construtivas desde a oposición municipal.

Deixa unha resposta