Na lista de candidatos de Marea Atlántica ás Eleccións Municipais participa a membro de EQUO Stephanie Ordóñez.
A Marea Atlántica e EQUO A Coruña renovaron o seu compromiso de colaboración para seguir impulsando un programa ecoloxista para “unha cidade máis xusta e sustentable”.
O candidato á alcaldía da Coruña, Xulio Ferreiro declarou que “é un orgullo que o ecoloxismo político, representado por EQUO, continúe dando forza á confluencia que construímos xuntas en 2015. O goberno da Marea Atlántica leva catro anos traballando por unha Coruña máis verde, con medidas como a expansión do arborado, a eliminación das verteduras contaminantes e dos herbicidas tóxicos, ou a recuperación de espazos como a lagoa de Eirís. E así queremos seguir nun segundo mandadto.
EQUO A Coruña aprobou na súa asemblea celebrad a renovación do seu apoio ao proxecto da Marea Atlántica cara ás eleccións municipais de maio de 2019.