Equo A Coruña participa na presentación de alegacións á ordenanza municipal de ruídos

EQUO, xunto con Esquerda Unida, Fronte Cívico e Espazo Ecosocialista, presentaron un total de 27 alegacións á “Ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica”. Esta ordenanza encóntrase en fase de aprobación inicial. O documento de alegacións foi presentado a través do grupo municipal Esquerda Unida-Os Verdes, sendo o froito do traballo de colaboración entre os partidos e colectivos sinalados.

EQUO A Coruña alude ó resgardo dos dereitos fundamentais polos que os cidadáns están amparados pola constitución para alegar contra esta normativa de ruídos. Ademais EQUO A Coruña quere resaltar a alternativa construtiva, propositiva e verde que se está a conformar no concello da Coruña co traballo en conxunto de EU, Espazo Ecosocialista e a asociación Fronte Cívica.

As alegacións presentadas divídense en varios apartados cos seguintes obxectivos:
-Evitar que a ordenanza atente contra dereitos fundamentais recollidos na Constitución, como o de manifestación.
-Evitar a inseguridade xurídica en que incorre a ordenanza.
-Eliminar da ordenanza competencias que o concello non ten outorgadas.
-Frear a privatización da inspección que o texto do goberno municipal pretende establecer.
-Fomentar a transparencia.
-Evitar que a ordenanza conculque o principio de xerarquía normativa en relación coa Lei do Ruído e coa Lei de Tráfico.
-Mellorar a eficacia da norma.