EQUO A Coruña, contra o novo intento de rescatar a Feira Taurina

A agrupación local de EQUO Coruña rexeita o movemento do Concello da Coruña de sacar un novo prego de condicións para a realización dun acto cruento e de maltrato animal como é a Feira Taurina. Logo da renuncia da empresa Eventauro á realización da feira á que tiña dereito este ano 2014, o Concello da Coruña publica un prego de condicións que, en resumo, reduce de 3 a 2 días a feira. O concello, por medio do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) continúa a subsidiar de forma indirecta o evento facéndose cargo de:

– Custos de adaptación do Coliseum (Instalar barrera y burladeros, efectuar relleno con arena para composición de ruedo y callejón. Acondicionar el patio y cuadras de caballos, la zona de embarque y desembarque de las reses, la báscula de pesaje, los corrales y los chiqueros)

– Departamento veterinario.

– Cesión de balde da Banda Municipal de Música. – Cesión de balde do servizo de venda de entradas tanto en persoa como por vía telemática. Ademais, o IMCE tamén reserva o dereito de afrontar os custos das seguintes intervencións:

– Engalanar a praza coas cores das bandeiras nacional e autonómica. – Instalar plataformas para a ubicación da banda de música e para a ubicación dos claríns e os timbais. EQUO A Coruña amosa a maior das súas repulsas á celebración de calquera actividade que leve consigo calquera síntoma de MALTRATO ANIMAL, e por iso outorga todo o seu apoio á plataforma Galicia Mellor Sen Touradas [1], subscribindo cada unha das súas accións en pro da busca dun futuro sen touradas en Galicia.

[1] http://www.galiciamellorsentouradas.org/

20140508_QCoruña_contra_subvención_touros