EQUO A Coruña considera un gran erro a decisión do Concello da Coruña de non buscar responsables da licenza ilegal do edificio Fenosa

O goberno municipal de Inés Rey pechou a investigación administrativa polas responsabilidades derivadas da construción ilegal do edificio Fenosa na rúa González Macías.

A licenza concedida en 1997 polo goberno de Francisco Vázquez foi anulada polos tribunales e a sentencia foi a orde de derribo do edifcio. Tras a mediación intrajudicial proposta polo goberno de Xulio Ferreiro na pasada lexislatura, o problema solucionouse evitando a derriba do edificio a cambio de compensacións económicas para os demandantes. Esta solución salvou ao Concello de compensacións millonarias que supoñerían un gran dano ás arcas municipais.

Quedaba, con todo, a procura dos responsables que permitiron que se concedese esta licenza, sentenciada xa como ilegal e que supuxo un gran desembolso de fondos públicos durante 20 anos de litixio.

Inés Rey prometió na precampaña electoral non ter medo a depurar responsabilidades pola licenza ilegal do edificio Conde de Fenosa. Pero realidade é que o seu goberno fixo o contrario, evitar buscar responsables daquel goberno do PSOE presidido por Francisco Vázquez.

EQUO A Coruña considera que a decisión de non buscar responsables supón un déficit democrático no funcionamento do concello coruñés. O modelo do pelotazo que incumpre a normativa urbanística non pode quedar impune.