EQUO A Coruña considera abusiva a nova subida do prezo do billete de bus urbano

A cidade da Coruña ten un dos transportes públicos máis caros de España.

EQUO A Coruña pide potenciar o transporte público reformando o mapa de liñas actual.

EQUO A Coruña pon de manifesto que o transporte urbano no concello da Coruña é un dos máis caros da península, conclusión á que se chega despois de analizar estudos de diferentes organizacións. [1] [2]

O prezo do billete sinxelo subirá a partir de Xaneiro ata 1,30€ e o prezo a pagar coa tarxeta Millenium será de 0,84€, unhas das tarifas máis elevadas do estado [2] tomando como universo cidades capitais de provincia con poboación similar, engadindo Xixón e Vigo. Por outra banda, a pesar de que as tarifas sociais serán conxeladas este ano e ficarán cunha tarifa de 0.33€, comprobamos que cidades como Santander, Almería, Oviedo, Granada, Vigo ou Córdoba permiten o acceso gratuíto a usuarios de determinados grupos [3].

EQUO A Coruña non ve xustificada a suba anual de tarifas toda vez que:

-O servizo prestado está falto dunha planificación de rutas axeitada que provoca que existan liñas como a 17 ou 24, que teñen frecuencias de 30 minutos en días laborables e de 60 minutos en festivos.

-O deseño do mapa de rutas é obsoleto, o que provoca que existan itinerarios polo centro da cidade que acollen ata a sete liñas de autobús con frecuencias dispares, que os polígonos industriais estean desatendidos ou que se ignore a conexión entre barrios.

-A carencia de intermodalidade física entre transporte urbano e transporte metropolitano.

-A ausencia total de alternativas para a circulación do transporte urbano tras a erradicación do carril bus no inicio da lexislatura do actual goberno municipal do PP.

-A presenza dunha única liña de transporte nocturno. Esta liña non existe no mapa de liñas publicado pola Compañía de Tranvías e presente en algunhas das paradas da cidade [4].

EQUO A Coruña lembra que leva meses denunciando a falta de información das liñas e da súa frecuencia, salvo nalgunhas paradas do centro. O uso das tecnoloxías e a instalación de mapas en todas as paradas facilitaría o uso do transporte á cidadanía e suporía un mínimo gasto.

Por último EQUO A Coruña esixe á empresa concesionaria Compañía de Tranvías, concesión pola que percibe preto de 8 millóns de euros de fondos públicos en partidas anuais, unha mellora nos servizos prestados nos termos comentados con anterioridade, e implica en esa responsabilidade ó xestor da concesión, o Concello da Coruña. Por iso, o covoceiro de EQUO A Coruña, Daniel Díaz, entende que ‘O Goberno Municipal do PP debe esixir a prestación máis efectiva e eficiente de ditos servizos que pagamos todos os cidadáns’.
[1] Organización de Consumidores y Usuarios (análisis Marzo 2013)
http://www.ocu.org/consumofamilia/
nc/informe/tarifasbusmetro/4
[2] Plataforma Pola Mobilidade da comarca da Coruña (Marzo 2013)
http://plataformapolamobilidade.blogaliza.org/2013/03/26/%C2%BFcantopagamospoloautobus
urbanonacoruna/
[3] Plataforma Pola Mobilidade da comarca da Coruña. Táboa de resumo de recollida de
información (Marzo 2013)
https://docs.google.com/spreadsheet/ccc?key=0AtdN0QUFSPedG5nN3h6MXpuU29Ld242MER
0bjRJU2c&usp=sharing
[4] Plataforma Pola Mobilidade da comarca da Coruña. Los autobuses urbanos de A Coruña
necesitan un plano de rutas accesible y completo con las rutas del bus nocturno.
http://plataformapolamobilidade.blogaliza.org/2012/06/05/losautobusesurbanosdeacorunane
cesitanunplanoderutasaccesibleymasautobusesnocturnos/