Noraboa ás veciñas e veciños de Touro e O Pino. A Xunta de Galicia rexeita a reapertura destas minas de cobre. EQUO A Coruña celebra esta decisión, aínda que hai que ter coidado ante o cambio de regulación que quere facer o PP.
O covoceiro de EQUO A Coruña, Alberto Prieto e a covoceira de EQUO Galicia, Stephanie Ordóñez, xunto coas compañeiras de Máis Galicia estiveron cos veciños da Plataforma Mina deTouro-O Pino NON, subiron o monte para coñecer de primeira man o que se ía facer… a pesar da choiva, do frío… e camiñaron pola gran extensión de terreo que a mina destrozaría para sempre.
Esta é unha victoria veciñal.