EQUO A Coruña asiste a unha charla sobre Contaminación Lumínica

Representantes de EQUO A Coruña e Bisbarra asistiron o pasado 6 de Marzo a unha charla sobre contaminación lumínica impartida por Fernando Jauregui, astrofísico do Planetario de Pamplona. Fernando Jauregui ademáis preside a Asociación contra a Contaminación Lumínica “CELFOSC”.

Os datos ofrecidos na charla son moi rechamantes. Nas nosas cidades, especialmente nos países do sur de Europa, sufrimos unha exceso de iluminación. Este exceso de luz nocturna nace da idea equivocada de que durante a noite temos que ter a mesma luz que cando é de día. Non obstante, o ollo humano está preparado para ver o necesario cando apenas hai luz. Un dato significativo é que podemos camiñar baixo a lúa chea -o que son 0,5 luxes- mentres que a luz instalada nas nosas cidades ilumina un mínimo de 5 luxes e alcanza ata un máximo de 20.

As consecuencias deste exceso de luz introducida artificialmente na noite, son diversas. Entre outras, un maior consumo de enerxía e a modificación do ritmo circadiano, que regula algúns cambios hormonais e afectan ao noso benestar e á nosa saúde.

Tamén hai consecuencias na vida animal e vexetal, coa alteración dos ritmos das plantas e a desorientación de animais.

Por todo iso, dende a asociación CELFOSC, promóvese unha nova cultura da luz. A maior parte desta contaminación lumínica parte da mala práctica de moitos concellos á hora de iluminar as súas rúas e espazos públicos. No caso concreto de Galicia, dada a súa dispersión da poboación, sería interesante buscar fórmulas que fuxan do exceso de iluminación de rúas, camiños, estradas e corredoiras. A instalación de detectores de presenza pode ser unha das posibilidades a formular.


Dende a asociación CELFOSC ofrécense a estudar cada caso co fin de alcanzar esa nova cultura da luz que consuma menos enerxía e se adapte máis ao medio. Para máis información, pódese visitar a web: www.celfosc.org

contaminacion_luminosa